Filosofía
A creación do novo Club Esgrima Atlántico nace do desexo de Yann Breteau, profesor de esgrima con máis de 10 anos de experiencia, de formar a un grupo de tiradores de florete nunha escola cun alto nivel técnico e deportivo, onde os valores desta disciplina priman: tradición, respecto e compañeirismo.
O sistema de traballo será o estudo individualizado das necesidades de cada alumno, co obxectivo de acadar a perfección na técnica, baseada en combinar o traballo intuitivo e a repetición.
A persistencia e a responsabilidade axudará ao noso alumnado a desenvolver habilidades como a autoconfianza, o autocontrol, a capacidade de reacción e a resistencia, potenciando a súa velocidade e mellorando o equilibrio, a coordinación e as habilidades reflexas.
Adquirir estas fortalezas axudará aos nosos alumnos tanto nas pistas como na vida fóra delas, xa que ofrece múltiples beneficios para o corpo e a mente. Ensinaralles a tomar decisións, a xestionar a frustración, a esforzarse por acadar os seus obxectivos, entre outros.
A filosofía dos distintos tipos de esgrima (base, lecer e competición) será diferente entre eles, sendo a calidade do traballo técnico a nosa principal base diferenciadora común a todas elas.